OQO actualiza o seu ordenador ultraportátil en potencia e conectividade
xoves, 8 de xaneiro do 2009Os excelentes ultraportátiles de OQO
gozan de sona pero non de elevadas vendas, pero iso non os frea nas súas
constantes actualizacións e agora presentan o seu novo
modelo 2+, con procesador Intel Atom a 1,33 ou 1,86 GHz, con 2 Gb de RAM, ata
120 Gb de disco duro (ou 60 Gb de SSD), pantalla táctil OLED de 5 polgadas cunha
resolución de 800 x 480 pÃxeles, conectividade Wi-Fi, 3G global (HSPA/EV-DO
WWAN) e Bluetooth, soporte de DirectX 9 e de decodificación de vÃdeo H.264 e unha
autonomÃa de ata 7 horas (cunha baterÃa de longa duración).
Este cativo ordenador é capaz de amosar vÃdeo a 1.920 x 1.200 pÃxeles nun
monitor externo a través de HDMI/DVI/VGA e se comezará
a vender na primeira metade do ano a un prezo de a partir de 999 dólares.
O OQO
modelo 2+ funciona con Windows Vista ou XP, pesa menos de medio
quilo, mide 14,2 x 8,4 x 2,5 centÃmetros e é o mellor exemplo de que aÃnda é
posible manter equipos nunha escala intermedia entre os ultraportátiles actuais
(con pantallas de entre 7 e 10,2 polgadas) e os teléfonos intelixentes e as PDA.