Obama e McCain poderá colaborar no Saints Row 2

venres, 12 de setembro do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 35.8 KB

Os videoxogos son o principal mercado cultural en volume de facturación, de aí que a promoción cada día sexa máis importante, e o caso de Saints Row 2, do que xa temos falado anteriormente, ten escrito un novo capítulo que lle está a valer moita atención mediática, xa que o último trailer do xogo presenta aos candidatos á presidencia dos EE.UU. Barack Obama e John McCain coma exemplo de estraños equipos que se poden formar no modo cooperativo.
Outros grupos que se poden asociar sería os paletos e ecoloxistas, os policías e os ladróns, os piratas e os ninjas… pero a parella política é a que resultou máis rechamante, o que lle vale ao xogo unha atención moi necesaria, pero baseada na orixinalidade en vez de precisar para iso grandes presupostos publicitarios coma os que acompañaron ao Grand Theft Auto IV.


Trailer do modo cooperativo de Saints Row 2 Pero Saints Row 2 non é o único xogo que ten que ver coa política, senón que estes días tamén apareceu na web o primeiro xogo inspirado na figura de Sarah Palin, a aspirante a ostentar a vicepresidencia dos EE.UU. xunto a John McCain. Polar Palin nos permite controlar a un oso polar que debe dinamitar pozos petrolíferos en Alaska mentres evita os ataques da candidata republicana.

PUBLICIDADE