Estrean a primeira pantalla de cine de España con tecnoloxía LED de Samsung

xoves, 14 de marzo do 2019 Marcus Fernández

Hai un par de anos comentamos que Samsung quería dicir adeus aos proxectores cinematográficos empregando tecnoloxía LED e agora esta tecnoloxía pode verse en España, xa que esta mañá presentouse en Leganés (Madrid) o primeiro modelo Onyx de Samsung en España, que ofrece unha calidade de imaxe moi superior á dos proxectores, achegando unha experiencia inmersiva que polo momento só está dispoñible nestas instalacións de Odeon Multicines.
As pantallas LED de Samsung Onyx Cinema ofrecen un nivel de contraste e de negro sen precedentes na industria do cine, cun vídeo preto de 10 veces superior ao dos proxectores tradicionais, polo que é a mellor opción para gozar do cine na actualidade. O modelo instalado en Odeon Sambil ten resolución 4K con HDR, unhas dimensións de 10,2 x 5,4 metros e un brillo máximo de 146 fL (os cines comerciais teñen de media 16 fL).
Na presentación desta mañá puido verse en formato EclairColor HDR a preestrea de Venganza Bajo Cero, filme de Liam Neeson, Laura Denr e Emmy Rossum que chegará aos cines o 10 de maio, e que só poderá verse na súa versión HDR na sala presentada hoxe.

PUBLICIDADE