Office 2021 chegará o 5 de outubro

venres, 17 de setembro do 2021 Marcus Fernández

A primeiros de ano Microsoft anunciou que a súa suite ofimática tería unha nova versión con licenza vitalicia para Windows e para macOS, Office 2021, sen concretar a súa data de lanzamento, e agora sabemos que esta proposta alternativa ao servizo de subscrición Microsoft 365 verá a luz o vindeiro 5 de outubro, ou sexa, coincidindo coa data de lanzamento de Windows 11.
Office 2021 é unha boa opción para usuarios e empresas que non poden gozar de servizos na nube por distintas circunstancias, e que deste xeito poden mercar unha licencia do software ofimático de Microsoft, recibindo 5 anos de soporte oficial, aínda que sen recibir as grandes actualizacións das aplicacións incluídas nin poder gozar das funcionalidades baseadas na nube.
Entre as novas funcións que terá Office 2021 destacan un modo para evitar distracción mentres empregamos o Word, unha función que axuda á busca de elementos nunha táboa ou rango por fila en follas de cálculo de Excel, compatibilidade con matrices dinámicas en Excel e, a máis rechamante, a chegada do modo escuro.

PUBLICIDADE