Oleiros organiza un curso de manexo de móbiles para maiores de 60 anos
martes, 19 de outubro do 2021
O
Concello
de Oleiros abriu o prazo de inscrición para un curso de manexo de
móbiles de 30 horas dirixido a persoas maiores de 60 anos
empadroadas no termo municipal. A oferta deste obradoiro está
enmarcada dentro do programa de Alfabetización dixital
organizado desde a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade.
Nestes
cursos aprenderase de “forma práctica, amena e guiada” a
utilizar e aproveitar as posibilidades que ofrecen os smartphones,
proporcionando benestar persoal, ocupando o tempo de lecer e a súa
relación co entorno. A persoa participante desenvolverá habilidades
básicas no manexo de móbiles, aplicando as novas tecnoloxías á
súa vida, axeitándoas ás súas necesidades e desenvolvendo a
capacidade de seguir aprendendo por si mesmo.
As
inscricións serán a través da
web municipal, na sede electrónica, no apartado cidadáns e
empresas, en trámites en liña, ata as 20:00 horas do 22 de outubro.
Para calquera aclaración, as persoas interesadas poden poñerse en
contacto con Servizos Sociais e Igualdade.