Omron presenta un tensiómetro con aires de smartwatch

martes, 5 de xaneiro do 2016 Marcus Fernández

No marco do CES de Las Vegas a compañía Omron Healthcare está amosar aos medios e ao público un novo produto que supón a revolución dos seus dispositivo de pulso para medir a tensión arterial, xa que estes trebellos toman a forma dun smartwatch, facilitando así a súa función para usuarios que teñen que controlar a tensión con frecuencia.
Este produto nace do Project Zero Wrist Blood Pressure Monitor de Omron, e aseguran que é o primeiro esfigmomanómetro (tensiómetro) do tamaño dun reloxo, e confían que poida comercializarse a finais de ano a un prezo por determinar (que estaría no contorno dos 200 dólares).
Aínda que o uso deste trebello parece restrinxido a contornos hospitalarios, está preparado para un uso diario e, de feito, pode sincronizarse con dispositivos móbiles con iOS e Android para, a través da súa aplicación, poder consultar as súas medidas, que non se limitan á tensión arterial, senón que tamén monitoriza o sono e a actividade física.

O tensiómetro presenta unha aparencia que lembra a smartwatches e reloxos deportivos

PUBLICIDADE