One Piece Burning Blood estrea Gold Edition
xoves, 4 de agosto do 2016
A franquÃa de One
Piece leva moito tempo presente no mundo dos videoxogos, dos que o último
foi o xogo de loita One Piece Burning Blood, que
chegou na súa versión para Xbox One e PlayStation 4 no mes de xuño (está previsto que chegue a PC
este mesmo verán), pero como está enriquecéndose con lotes de contido
descargable de pagamento procedente do filme One Piece Gold (que principalmente inclúen novos personaxes
xogables e traxes), decidiron ofrecer ao público a posibilidade de adquirir
directamente unha Gold Edition co
todo o contido dos Wanted Pack, ou
sexa, con 4 novos personaxes xogables, 6 versións alternativas de personaxes,
14 traxes adicionais, 5 HUD personalizados e o traxe exclusivo Luffy Platino.
Esta nova versión de One Pice Burning
Blood pode
mercarse para PlayStation 4 por 94,99 euros e para
Xbox One por 94,49 euros, prezo bastante superior aos xa elevados 69,99
euros que custa o xogo de saÃda, deixando claro que os seareiros desta serie
están dispostos a facer grandes desenvolvementos económicos para poder
controlar aos seus personaxes favoritos.