One UI 8 inicia a súa despregadura para dispositivos Galaxy
luns, 15 de setembro do 2025
Samsung fixo público hoxe o lanzamento oficial de One UI 8, a nova versión da súa interface que integra capacidades avanzadas de intelixencia artificial multimodal, unha experiencia de usuario adaptada a diferentes formatos de dispositivos e suxestións personalizadas e proactivas que buscan facer a vida diaria máis cómoda e intelixente. A actualización comezará esta semana cos modelos da serie Galaxy S25 e estenderase progresivamente á serie Galaxy S24, Galaxy Z Fold6, Galaxy Z Flip6, Galaxy S24 FE e outros dispositivos compatibles ao longo do ano.
Un dos eixes fundamentais de One UI 8 son as recomendacións personalizadas, que se adaptan ao contexto e ás rutinas de cada usuario. Este servizo está ligado a novas medidas de seguridade, co obxectivo de protexer a información privada. AsÃ, introdúcese Knox Enhanced Encrypted Protection (KEEP), unha arquitectura que xera contornos de almacenamento cifrado especÃficos para cada aplicación, e reforzase Knox Matrix, que pecha sesións de xeito automático se se detectan riscos graves. Ademais, Wi-Fi Segura incorpora criptografÃa poscuántica para aumentar a protección en redes públicas.
Entre as novidades destacan funcións como Now Bar, que mostra actividade en tempo real de aplicacións e do reprodutor multimedia na FlexWindow do Galaxy Z Flip, ou Now Brief, que ofrece actualizacións cotiás con información de tráfico, recordatorios e recomendacións de contido personalizado, incluÃda a saúde cando está sincronizado cun Galaxy Watch.
No eido da multimodalidade, One UI 8 combina recoñecemento visual, auditivo e contextual. Gemini Live permite interactuar coa IA en tempo real, entendendo o que o usuario ve na pantalla; mentres que Circle to Search con Google engade tradución instantánea e axuda durante sesións de xogo ou navegación.
A experiencia de uso tamén se optimiza en pantallas grandes e formatos flexibles. Multipantalla facilita arrastrar e soltar contidos xerados por IA, e ferramentas como Asistente de debuxo ou Asistente de escritura melloran a creatividade. O Borrador de audio elimina ruÃdos de fondo en gravacións, mentres que novas opcións de personalización de fondos e reloxos amplÃan as posibilidades estéticas da interface.
Ademais, incorpóranse funcións como Estudio de retratos, que xera imaxes artÃsticas de mascotas, ou a Transcrición de chamadas, que converte voz en texto en tempo real, asà como melloras en Intérprete para traducir ideas ao teclear.
Samsung confirmou que a listaxe de dispositivos compatibles abrangue, ademais dos modelos máis recentes, unha ampla gama que inclúe as series Galaxy S23, S22 e S21 FE, os últimos Galaxy Z Fold e Z Flip, varias tablets Galaxy Tab S e Tab A, asà como terminais da gama Galaxy A.
