OneDrive contará con modo escuro na súa versión web
venres, 3 de xullo do 2020
Microsoft está a preparar novidades
para o seu servizo de almacenamento na nube, OneDrive, que van dende unha
mellor integración en Microsoft Teams (de xeito que no control de acceso dos
ficheiros teremos maiores opcións, como permitir que os documentos só estean
dispoñibles para xente da nosa organización) até un importante incremento no
tamaño máximo dos ficheiros que podemos almacenar, que pasa dos 15 aos 100 GB,
o que poderÃa semellar excesivo, pero atende á demanda de profesionais do
deseño 3D e tamén para profesionais do vÃdeo (aÃnda que pareza esaxerados, o
vÃdeo en 4K e 8K disparou o tamaño dos arquivos, facendo moi complicado o seu
almacenamento en liña).
Outra novidade que será bastante visible será a de poder empregar o modo escuro
na páxina web de OneDrive, como tamén estaba nas versións para iOS e Android do
servizo, buscando asà evitar a fatiga visual e reducir o consumo de enerxÃa en
equipos con certas tecnoloxÃas de pantalla.