OnePlus comercializa un cable para cargar simultaneamente o móbil e o reloxo

mércores, 16 de xullo do 2025 Marcus Fernández

Dende os seus inicios os smartphones de OnePlus tiñan nos seus cables de carga un sinal de identidade. Estes cables de cor vermella e grande calidade sorprendían ao incluírse sen custo adicional cos produtos da compañía, e agora resulta igualmente sorprendente que inclúan no seu catálogo o novo cable OnePlus 2-in-1 Supervooc.
Falamos dun cable que ten un prezo oficial de 34,99 euros (que coa súa oferta de lanzamento queda en 27,99 euros), cunha lonxitude de 120 centímetros e a súa habitual cor vermella, que parte dun conector USB-A e remata nun conector USB-C, e promete ser capaz de soportar ata 10 amperes de corrente e cargas rápidas de 100 watts, pero inclúe no seu percorrido un conector de carga PIN POGO, ou sexa, un conector para cargar un dos reloxo conectados da compañía, evitando así que o usuario teña que levar un cargador adicional nos seus desprazamentos, simplificando o proceso de carga.
Deste xeito, conectando este cable a un cargador de 80 watts sería posible cargar un teléfono a 67 watts e un reloxo a 10 watts, conseguindo así uns tempos de carga reducidos, á vez que se conta coa garantía dun cable de calidade (o que supón que as cargas son tanto rápidas como seguras).

O novo cable facilita cargar rapidamente os móbiles e reloxos de OnePlus