Onechanbara salta á Xbox 360
martes, 5 de agosto do 2008
A curiosa saga de xogos de Onechanbara, na que dúas irmás se dedican a masacrar
mortos viventes deixa finalmente de editarse en exclusiva para as consolas de
Sony (estes xogos, coñecidos en Europa coma Zombie
Hunters naceran na PlayStation 2) e a última entrega, Onechanbara:
Bikini Samurai Squad sairá en
exclusiva para a Xbox 360, mentres que para Nintendo Wii tamén se
publicará Onechanbara:
Bikini Zombie Slayers.
|
Os xogos das irmás Aya e Saki parece que teñen bastantes seguidores, pois este
ano incluso estrearon unha pelÃcula
de acción real (que polo momento só se puido ver no Xapón), e as
súas entregas para as distintas consolas consisten principalmente en rematar a
todo cando zombie se poña por diante,
aÃnda que na entrega para Xbox 360 se melloran bastante os gráficos, o sistema
de control (contando cada personaxe con variedade de movementos e armas) e
incluso modo multixogador cooperativo (para loitar contra a praga de zombies con axuda dun amigo).
Onechanbara: Bikini Samurai Squad
poderá xogarse en modo historia, modo libre, modo supervivencia e modo busca,
permitindo tamén personalizar o armamento e as roupas das protagonistas, para
darlles un aspecto personalizado. Este novo tÃtulo para Xbox 360 chegará a
finais de ano ao mercado norteamericano, descoñecéndose polo momento a data de
lanzamento europea.
Un dos vÃdeos promocionais do lanzamento nipón do xogo