OpenAI adquire io, a última empresa de Jony Ive
mércores, 21 de maio do 2025
Levamos meses escoitando que Sam Altman, o máximo responsable de OpenAI, e Jony Ive, o deseñador máis relevante de Apple baixo a dirección de Steve Jobs, están a colaborar dalgún xeito dende hai un par de anos, e por fin anuncian a formación desta asociación coa integración da compañÃa io, creada por Ive, en OpenAI, nun proxecto conxunto para desenvolver unha nova xeración de produtos tecnolóxicos.
A compañÃa io, fundada por Ive xunto con Scott Cannon, Evans Hankey e Tang Tan, xurdiu da necesidade de crear un marco propio para deseñar e fabricar produtos que combinasen innovación tecnolóxica e sensibilidade humana. Segundo os seus creadores, a misión é desenvolver ferramentas que inspiren, capaciten e potencien as persoas, algo que, segundo Altman, só pode conseguirse traballando na intersección entre tecnoloxÃa, deseño e comprensión do mundo real.
Coa integración en OpenAI (operación valorada en preto de 6.500 millóns de dólares en accións), os equipos de io traballarán desde agora canda os investigadores e enxeñeiros de San Francisco, achegando unha visión de produto que mestura deseño emocional, precisión tecnolóxica e espÃrito colaborativo. Tanto Ive como o colectivo LoveFrom (fundado por Ive tras a súa marcha de Apple) asumirán responsabilidades clave no deseño e na creatividade de OpenAI, sinalando o inicio dunha nova etapa para a empresa.
Para Jony Ive, este proxecto representa a culminación de máis de tres décadas de experiencia e unha oportunidade para recuperar o espÃrito de asombro e creatividade que experimentou nos seus primeiros anos como deseñador en Silicon Valley. O anuncio está cargado dun ton optimista, que reivindica os valores compartidos, a aprendizaxe mutua e a vontade de crear ferramentas que eleven a condición humana.
Segundo os implicados, io non é só unha marca nova, senón unha aposta por repensar completamente como se usan as tecnoloxÃas e como estas poden facerse máis accesibles, inspiradoras e útiles nun momento no que a IA está a transformar o mundo a grande velocidade.
Queda agora esperar a ver se a incorporación do equipo de Jony Ive en OpenAI é o punto de partida para un agardado produto tecnolóxico que consiga triunfar onde fracasou o Ai Pin de Humane e o R1 de Rabbit, considerados «moi malos produtos» polo propio Ive, quen defende a necesidade de explorar novos xeitos de pensar á hora de crear novos produtos.

- O anuncio da adquisición de io realizouse cun vÃdeo no que se presenta a Sam Altman e Jony Ive como un par de amigos que decidiron colaborar
