OpenAI amplÃa as posibilidades da súa tecnoloxÃa de IA e reduce os seus custos
martes, 7 de novembro do 2023
OpenAI vén de
celebrar un evento orientado a desenvolvedores no que deron
conta de numerosas novidades que están a preparar para abrir a súa tecnoloxÃa
de intelixencia artificial a moitos máis usos. Entre as novidades destacou o
anuncio de GPT-4 Turbo, unha nova versión do modelo de linguaxe GPT-4 lanzado hai
poucos meses, que agora é máis capaz ao ter unha fiestra de contexto de 128 mil
tokens (o que serÃan máis de 300 páxinas de texto), aÃnda que para a meirande
parte de desenvolvedores que queiran tirar proveito desta tecnoloxÃa como
servizo resultaralles máis importante saber que conseguiron mellorar o seu
rendemento, o que supón unha substancial baixada de prezo.
OpenAI tamén estrea unha API para a creación de novos asistentes, facendo doada
a creación de aplicacións que integren un asistente baseado en IA e faga uso das
distintas ferramentas que ofrece a compañÃa de Sam Altman.
A plataforma tamén estrea novas capacidades multimodais, como visión (sendo capaz
de interpretar imaxes do mundo real e mesmo ler documentos), creación de imaxes
(DALL·E 3 pode integrarse nos chats para a creación de imaxes) e conversión de
texto a voz (que comeza con 6 voces moi realistas).