OpenAI busca atraer medio billón de dólares para a súa infraestrutura de computación
mércores, 22 de xaneiro do 2025
Pese a ir claramente contra os intereses de Elon Musk, o presidente Donald J. Trump anunciou unha iniciativa de investimento en intelixencia artificial promovida polos lÃderes tecnolóxicos Larry Ellison (Oracle), Masayoshi Son (SoftBank) e Sam Altman (OpenAI) que pretende mobilizar 500.000 millóns de dólares nos vindeiros 4 anos e poderÃa xerar 100.000 postos de traballo.
Falamos do Proxecto Stargate, unha nova empresa que construirÃa unha nova infraestrutura de IA para OpenAI nos Estados Unidos, para garantir o liderado estadounidense en IA.
Aseguran que este proxecto non só apoiará a reindustrialización dos Estados Unidos, senón que tamén proporcionará unha capacidade estratéxica para protexer a seguridade nacional de América e os seus aliados.
Os primeiros investidores en capital no Proxecto Stargate son SoftBank, OpenAI, Oracle e MGX. SoftBank e OpenAI son os socios principais, con SoftBank asumindo a responsabilidade financeira e OpenAI encargándose da operación. Masayoshi Son será o presidente.
ARM, Microsoft, nVIDIA, Oracle e OpenAI son os principais socios tecnolóxicos iniciais. A construción xa está en marcha, comezando en Texas, coa intención de establecer máis campus por todo o paÃs.
Como parte do Proxecto Stargate, Oracle, nVIDIA e OpenAI colaborarán estreitamente para construÃr e operar este sistema informático. Isto baséase nunha colaboración profunda entre OpenAI e nVIDIA que se remonta a 2016, asà como nunha asociación máis recente entre OpenAI e Oracle. Tamén se apoia na colaboración existente entre OpenAI e Microsoft. OpenAI continuará aumentando o seu uso de Azure á medida que traballa con Microsoft, empregando esta capacidade de computación adicional para adestrar modelos lÃderes e ofrecer excelentes produtos e servizos.
Ante o anuncio do proxecto, Elon Musk saÃu á palestra para asegurar que o proxecto «non ten realmente os cartos», ao que Sam Altman respondeu que estaba errado, espetándolle que «imaxino que o mellor para o paÃs non sempre será o máis axeitado para as túas empresas, pero co teu novo rol espero que poñas aos EE.UU. por diante».