OpenAI completa a compra de io
mércores, 9 de xullo do 2025
En maio Sam Altman anunciou que pechara un acordo con Jony Ive, o deseñador máis relevante de Apple baixo a dirección de Steve Jobs, para facerse con io, unha nova compañÃa especializada en produtos tecnolóxicos baseados en IA, nunha operación valorada en preto de 6.500 millóns de dólares en accións.
Nas últimas semanas desapareceu da Rede boa parte do contido oficial sobre tal operación, por mor dun conflito de marcas, e aÃnda que non se resolveu, finalmente anuncian que o proceso de compra vén de completarse, de xeito que io Products, Inc. xa está integrado en OpenAI, mantendo Jony Ive e a súa empresa de deseño (LoveFrom) a súa independencia (aÃnda que terán importantes roles a nivel de deseño e creatividade en OpenAI).
En calquera caso, non parece que vaiamos coñecer o revolucionario produto que preparan dende OpenAI ata 2026, resultando difÃcil anticipar se estaremos ante unha revolución ou ante un fracaso como o Ai Pin de Humane.
