OpenAI pode clonar voces con mostras de só 15 segundos
luns, 1 de abril do 2024
OpenAI achega importantes novidades nos últimos dÃas, como a posibilidade de empregar o seu ChatGPT sen ter que identificarse cunha conta de usuario e, moi especialmente, a presentación da súa tecnoloxÃa de clonación de voz mediante IA.
Dende OpenAI levan moito tempo traballando en tecnoloxÃas de sÃntese de voz, pero o seu novo Voice Engine, modelo que permite a creación de voces personalizadas, está a chamar poderosamente a atención por facilitar a creación dunha voz realista partindo dunha mostra de só 15 segundos de audio.
Polo momento o motor de voz de OpenAI está a probarse só cun grupo pechado de socios, que aproveitan a tecnoloxÃa para cousas tan variadas como para crear voces que respondan e interactúen de xeito personalizado con estudantes, traducir narracións mantendo as caracterÃsticas da voz orixinal, facilitar a comunicación con falantes de linguas pouco coñecidas, permitir que persoas con problemas para comunicarse oralmente poidan ter unha voz sintética que non resulte robótica ou axudar a pacientes e recuperar a súa voz.
Sobra dicir que esta tecnoloxÃa tan é moi perigosa, xa que facilita a suplantación de identidade, polo que as compañÃas que teñen acceso a esta ferramenta teñen que cumprir cunhas estritas normas de uso.