Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: OpenAI presenta Sora 2, o seu novo modelo de xeración de vídeo e audio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Intelixencia artificial

OpenAI presenta Sora 2, o seu novo modelo de xeración de vídeo e audio

Redacción
Publicado: 01/10/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sora_2.jpgOpenAI anunciou o lanzamento de Sora 2, a evolución do seu modelo de vídeo presentado en 2024, que agora ofrece unha maior precisión física, realismo e capacidade de control. A compañía destaca que esta nova versión é quen de sincronizar diálogos e efectos de son, así como de manter a coherencia visual en escenas complexas.
Segundo explica o equipo responsable, o primeiro Sora supuxo «o momento GPT-1 para o vídeo», ao demostrar que era posible xerar imaxes en movemento con comportamento básico de permanencia de obxectos. Con Sora 2, aseguran, a tecnoloxía chega a un nivel equiparable ao «momento GPT-3.5», xa que pode representar accións extremadamente difíciles para modelos anteriores, como rutinas olímpicas de ximnasia ou saltos acrobáticos nunha táboa de paddle que respectan a flotabilidade e a rixidez do material.
Un dos avances máis salientables é a súa mellor obediencia ás leis da física. Mentres modelos previos podían deformar obxectos ou teletransportar elementos para satisfacer unha orde textual, Sora 2 reacciona de maneira máis natural: se un xogador de baloncesto erra un tiro, o balón rebota no taboleiro en lugar de aparecer directamente dentro do aro.
sora_2_anime.gif Ademais da precisión, o novo modelo destaca pola súa capacidade de control. É capaz de seguir instrucións complexas que abarcan varias tomas mantendo a continuidade do estado da escena. Funciona tanto en estilos realistas e cinematográficos como en estéticas propias do anime. Tamén incorpora xeración de son realista, incluíndo voces, efectos e paisaxes sonoras de fondo.
Outra das funcións máis rechamantes é a posibilidade de introducir persoas reais nas escenas creadas. Cunha gravación previa de vídeo e audio, Sora 2 pode inserir a un usuario en calquera contorna xerada, reproducindo fielmente a súa aparencia e voz. OpenAI presenta esta opción como unha evolución natural das formas de comunicación dixital, comparándoa coa transición de mensaxes de texto a emoticonas, notas de voz e agora cameos en vídeo.
sora_2_pantallas_detalle.jpg O modelo estréase acompañado dunha nova aplicación social para iOS chamada simplemente Sora, que permite crear e compartir contidos, descubrir vídeos nun feed personalizable e aparecer en escenas alleas mediante a función de cameos. O acceso será progresivo mediante invitación, con lanzamento inicial en Estados Unidos e Canadá, e co obxectivo de estenderse axiña a outros países.
OpenAI asegura que deseñou a aplicación para priorizar a creación por riba do consumo pasivo e que incorpora ferramentas de control para os usuarios, incluídos límites por defecto para menores e opcións de supervisión paterna a través de ChatGPT. Tamén subliñan que a única forma prevista de monetización, polo momento, será permitir o pagamento por xeracións adicionais se a demanda supera a capacidade dispoñible.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Intelixencia artificial

OpenAI propón a perplexidade como referencia común para medir o avance da IA

23/11/2026
Intelixencia artificial

A IA abre novas posibilidades para mellorar a comunicación das peixarías coa clientela

23/11/2026
ia_ai_intelixencia_artificial_creativa.jpg
Intelixencia artificial

A IA é a tecnoloxía avanzada que máis medrou nas empresas galegas en 2025

23/11/2026
Intelixencia artificial

ChatGPT incorpora un ditado en tempo real que transcribe a voz mentres o usuario fala

19/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?