OpenAI tropeza coa realidade na súa carreira pola AGI
martes, 22 de xullo do 2025
A ambiciosa visión de Sam Altman, director xeral de OpenAI, para acadar a intelixencia artificial xeral (AGI) está a tropezar coa dura realidade dos custos astronómicos e da infraestrutura que require esta tecnoloxÃa. De feito, Altman ten manifestado a súa intención de investir 7 billóns de dólares en fábricas de semiconductores e centros de datos nos vindeiros anos, cantidade absurda que superarÃa a capitalización de nVIDIA (actualmente a corporación con maior valoración do mercado).
Lembremos que tras a toma de posesión de Trump se anunciou o Proxecto Stargate, que pretendÃa xuntar medio billón de dólares para a infraestrutura de computación de OpenAI, e agora coméntase que o proxecto serÃa moito máis modesto do anunciado (avanzando a un paso moi lento), e no presente ano quedarÃa limitado a un pequeno centro de procesamento de datos en Ohio.
Altman sinalou que OpenAI quere ter operativas máis dun millón de GPU antes de rematar 2025, coa intención de chegar a multiplicar esa cantidade por 100, o que consideran que serÃa o necesario para acadar a suposta AGI, e que actualmente semella moi lonxe de ser un escenario viable nin económica nin tecnicamente.
Ante esta situación dende OpenAI sinalan a incapacidade de Microsoft para cubrir as súas necesidades de computación, e aproveitan as tensións coa compañÃa de Redmond para utilizalos como desculpa no caso de que outra compañÃa chegue á desexada meta antes.
Tampouco podemos esquecer que a actual carreira da IA é un salto de fe que non resulta sustentable, pois xa levamos anos cuns investimentos colosais que non teñen retorno económico, e dado o igualada que está a competencia, chegar antes á meta poderÃa non supor ningunha vantaxe competitiva.
