Openmoko comeza a vender o seu móbil aberto, o Neo 1973

luns, 9 de xullo do 2007 Marcus Fernández

JPEG - 37.7 KB
Maletín coa edición avanzada do Neo 1973

A finais de 2006 se estaba a falar moito na Rede dun proxecto que pretendía a creación dun teléfono intelixente baseado en Linux e agora se confirma como unha realidade, xa que dende a web do proxecto se abriu a tenda que permite a compra directa do terminal de Openmoko.
O Neo 1973 incorpora unha pantalla táctil (que funciona tanto co dedo coma cunha plumiña) de 2,8 polgadas e unha resolución de 640 x 480 píxeles (o que supoñen unha resolución de 283 dpi), 128 Mb de RAM e 64 Mb de NAND Flash, USB 1.1, conectividade GSM, GPRS e Bluetooth 2.0, fenda para tarxetas microSD (inclúe unha de 512 Mb de serie) e mesmo integra tecnoloxía de localización xeográfica AGPS. O software que xestiona todas estas prestacións está baseado en código aberto.
Véndese en dúas versións: unha básica a 300 dólares e outra avanzada (pensada para desenvolvedores) por 450 dólares.

PUBLICIDADE