Opirata.com pon á venda o Xiaomi Mi4 con garantÃa española e servizo técnico en Galicia
venres, 18 de decembro do 2015
AÃnda que os consumidores son cada vez máis receptivos á
hora de facerse cun smartphone importado directamente de China, co risco que
iso supón, moitos son máis prudentes e prefiren optar por dispositivos
comercializados regularmente en Europa, de xeito que poden gozar de 2 anos de
garantÃa, detalle moi importante cando se pretende conservar o terminal a longo
prazo. Precisamente pensando niso hai tendas en liña como a galega Opirata.com
que en vez de competir por prezos agresivos, buscan un valor engadido, e estes
dÃas incorporaron ao seu catálogo o Xiaomi Mi4, un smartphone que xa ten o
seu tempo, pero que desta volta conseguiron adquirilo a través dun distribuidor
europeo, o que permite gozar da mencionada garantÃa de 48 meses, e tamén cun
detalle que agradecen os usuarios que non queren complicarse a vida: os menús e
manuais veñen en español e o cargador incluÃdo é europeo.
Outro detalle moi rechamante é que o distribuidor europeo que subministra os
terminais de Xiaomi a Opirata.com ten contratado o seu servizo técnico a unha
compañÃa de Santiago de Compostela, de xeito que podemos asà mercar o atractivo
smartphone a unha tenda en liña galega (a súa sede está en Bueu) e con soporte
tamén galego.
Lembremos que o Xiaomi Mi4 é un smartphone
moi atractivo, en boa medida por optar por unha pantalla IPS Full HD de 5
polgadas en vez de o popular tamaño de 5,5 polgadas, de xeito que resultarÃa
máis cómodo na man para moitos usuarios. O terminal pode presumir dunhas
elevadas prestacións grazas ao seu procesador Qualcomm Snapdragon 801 de catro
núcleos a 2,5 GHz, gráfica Adreno 330, 3 GB de RAM, 16 GB de almacenamento
interno, cámara traseira de 13 MpÃxeles con sensor Sony IMX 214 Exmor RS e
gravación de vÃdeo 4K, cámara frontal de 8 MpÃxeles, baterÃa de 3.080 mAh, un
grosor de 8,9 milÃmetros e un peso de 149 gramos.
- O Xiaomi Mi4 presume dunha cámara de 13 MpÃxeles con sensor de Sony