Oppo comercializa en Europa unha completa tableta

mércores, 31 de agosto do 2022 Marcus Fernández

O fabricante chinés Oppo trae finalmente a Europa unha das súas tabletas, a Oppo Pad Air, que chega en versións con 64 e 128 GB de almacenamento a prezos de 299 e 349 euros respectivamente. Falamos dunha tableta con pantalla de 10,36 polgadas cunha resolución de 2.000 x 1.200 píxeles, catro altofalantes con Dolby Atmos, procesador Qualcomm Snapdragon 680, 4 GB de RAM e batería de 7.100 mAh con carga de 18 watts. A tableta ten un peso de 440 e un grosor de 6,94 milímetros.
Esta tableta está equipada con ColorOS, sistema operativo baseado en Android que achega funcións de multitarefa intelixente e pantalla dividida, coa posibilidade de que corran dúas fiestras coa máxima eficiencia.
A Oppo Pad Air inclúe actualmente de agasallo uns auriculares sen fíos Oppo Enco Air2, valorados en 49 euros.

PUBLICIDADE