Oppo pon ao dÃa os seus reloxos
martes, 29 de agosto do 2023
Agora que Wear OS
está a converterse nun sistema operativo para reloxos especialmente atractivo
por contar cunha aplicación nativa de WhatsApp que permite enviar e recibir tanto
mensaxes de texto como de voz, resulta interesante botar un ollo a novos reloxos
que funcionan con este sistema operativo desenvolvido por Google, como será o Oppo Watch 4 Pro
cando chegue ao noso territorio, estando xa dispoñible para a súa compra en
China a un prezo
que parte dos 2.299 iuans (291 euros).
Este novo reloxo chega cun procesador Qualcomm Snapdragon W5 Gen 1, 2 GB de RAM,
32 GB de almacenamento interno, pantalla AMOLED de 1,74 polgadas e un brillo de
600 nits, resistencia á auga, sensor de frecuencia cardÃaca, sensor de
saturación de osÃxeno en sangue, electrocardiograma, rexistro da respiración
durante o sono, Bluetooth 5.0, Wi-Fi 5, NFC, GPS, eSIM e baterÃa de 570 mAh con
carga magnética, polo que poderÃa ser un bo competidor do Samsung Galaxy Watch 6, especialmente no que a autonomÃa se refire.