Oppo presenta un móbil encartable
mércores, 15 de decembro do 2021
- O Oppo Find N venderase en 3 cores distintas
AÃnda que parecÃa que Samsung Ãa quedar como o único
fabricante que tomase en serio os smartphones encartables, por fin parece que
teremos un serio competidor para o Galaxy Z Fold3 5G, o novo Oppo Find N,
que chegará ao mercado chinés o vindeiro dÃa 23 a prezos que oscilan entre os
7.699 e os 8.999 iuans (1.073-1.254 euros ao cambio). Polo momento non deron
detalles sobre un posible lanzamento europeo.
O novo smartphone adopta un tamaño máis compacto que o de Samsung, cunha
pantalla externa de 5,49 polgadas para poder empregar o dispositivo pechado
coma se fose un smartphone ordinario, e cunha pantalla encartable de 7,1
polgadas (cun refresco variable de até 120 Hz) que presume do feito de que a
súa dobrez nótase moito menos que a do seu competidor.
O Oppo Find N desbloquéase mediante un lector de impresións dixitais lateral,
ten cámaras de 32 MpÃxeles perforadas en ambas pantallas e na súa traseira presenta
unha cámara tripla que combina sensores principal, grande angular e teleobxectivo
de 50, 16 e 13 MpÃxeles respectivamente. Funciona cun procesador Qualcomm
Snapdragon 888, 8/12 GB de RAM, 256/512 GB de almacenamento, baterÃa de 4.500
mAh con carga rápida de 33 watts mediante cable e 15 watts sen fÃos, e sistema
operativo Android 11 con ColorOS 12 (detalle que resulta un tanto sorprendente,
xa que sendo un dispositivo innovador o normal serÃa que xa chegase con Android
12).
VÃdeo promocional do Oppo Find N