Oppo presenta un smartphone de só 4,85 milímetros de grosor

mércores, 29 de outubro do 2014 Marcus Fernández

O fabricante asiático (con presenza oficial en Europa) Oppo leva un tempo sorprendendo con smartphones cun deseño moi elegante e un acabado coidado, que ofrécense a prezos relativamente axustados, pero sen chegar a buscar competir en tal aspecto, centrando a súa estratexia comercial en ofrecer bos produtos ou, cando menos, dispositivos bastante rechamantes, como o novo Oppo R5, que busca destacar polo seu deseño ultra-delgado de só 4,85 milímetros (o que é todo un logro se lembramos que o iPhone 6 ten un grosor de 6,9 milímetros).
Este novo teléfono non só é delgado, senón que tamén está fabricando nun marco de aliaxe de aluminio pulido reforzado, para darlle un acabado elegante e unha estrutura resistente, deixando claro que estamos ante un produto cun acabado premium que coida moitos dos seus factores, como o consumo de enerxía, a disipación de calor, a calidade das súas cámaras e a facilitade de uso das súas funcións multimedia.
Estamos ante un smartphone que funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 615 de 8 núcleos a 1,5 GHz, 2 Gb de RAM e 16 Gb de almacenamento directo, que atrévese a contar cunha pantalla AMOLED Full HD de 5,5 polgadas (o que fai entender que estariamos ante un dispositivo moito máis susceptible que o iPhone 6 Plus a dobrarse) e curiosamente conta cunha batería de só 2.000 mAh, que presumo de poder cargarse até o 75% en só 30 minutos e de permitir falar por teléfono até 2 horas tras unha carga de só 5 minutos.
O Oppo R5 ten unha cámara frontal de 5 Mpíxeles para auto-fotos, pero do que si tiran un proveito impresionante é da cámara frontal de 13 Mpíxeles con sensor Sony Exmor IMX214 retroiluminado, o que permítelle gravar vídeo a 4K ou incluso facer vídeo de alta definición a 120 imaxes por segundo (para conseguir impresionantes cámaras lentas). Tamén conta con modos para poder crear imaxes de 50 Mpíxeles ou a posibilidade de capturar instantáneas que poden enfocarse a posteriori.
Para completar este impresionante terminal LTE conta tamén cun accesorio Bluetooth chamado O-Music que pode lembrar a un iPod shuffle, e que facilita o control multimedia (podendo incluso utilizarse para conectar uns auriculares) ou para disparar fotografías a distancia.
Polo momento descoñécese o prezo polo que chegará a Europa, pero nos EE.UU. comentan que custará 499 dólares cando chegue ao mercado no mes de decembro.

O-Music é un interesante accesorio para facilitar a reprodución multimedia co Oppo R5

PUBLICIDADE