Orange achega o 4G ao automóbil a través dun pequeno dispositivo de Huawei
luns, 16 de febreiro do 2015
Hai tres meses demos conta do lanzamento en Reino
Unido do Buzzard 2, un dispositivo que podemos conectar no acendedor do
automóbil para recibir un sinal de banda larga móbil 4G e compartilo a través
de Wi-Fi N, e agora temos
esta solución en España da man de Orange, operador que decidiu
comercializar no nos territorio o Huawei Car Wi-Fi 4G.
Este novo trebello está pensado para compartir unha conexión móbil con até 4
dispositivos Wi-Fi á vez, o que resulta ideal para as viaxes de familia, de xeito
que tabletas, smartphones, portátiles e consolas de videoxogos poden acceder á
Rede pese a non estar dentro da cobertura dun Wi-Fi doméstico.
Orange comercializa
o Car Wi-Fi 4G de varios xeitos distintos, como ofrecelo
cun smartphone Huawei Ascend P7, permitir empregalo para compartir unha
tarifa de datos actual mediante unha Smart SIM (que custa 1 euro/mes) por 4
euros/mes (polo trebello), mentres que de facer unha nova contratación de banda
larga móbil de 1 GB por 10,89 euros/mes o Car Wi-Fi 4G poderÃa adquirirse por
só 49 euros. Tamén pode mercarse libre por 99 euros.
O accesorio de Huawei pode xestionarse e permite controlar o consumo de datos
dende un smartphone ou tablet a través dunha aplicación
móbil para iOS ou para Android.
- O Car Wi-Fi 4G presentouse hoxe en España