Orange anuncia 3 novos smartphones con Android 4.1

venres, 22 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

Orange anunciou 3 novos smartphones de marca propia que van comercializar en breve, entre os que destaca especialmente o Orange Lumo, por ser o primeiro smartphone da compañía con conectividade LTE, á vez que conta con Android 4.1, pantalla de 4,5 polgadas e cámara de 8 Mpíxeles, que parece axustarse bastante ben ás demandas actuais do mercado, como tamén fai o Orange San Remo, que busca satisfacer aos usuarios que queren un móbil grande por contar cunha pantalla de 4,7 polgadas, contendo o seu grosor en só 8,2 milímetros.
O terceiro móbil con Android 4.1 de Orange é o Nivo, que reduce a súa cámara a 5 Mpíxeles e a súa pantalla a 4 polgadas, o que permitiralle chegar á mocidade ou como smartphone de entrada, xa que chegará a un prezo bastante axustado.
Os tres terminais poranse á venda durante a primeira metade do ano, estando España entre os países nos que se agardar a súa comercialización (aínda que Orange non confirmou a chegada dos 3 modelos, posiblemente polo feito de que o Orange Lumo carece de moito sentido nun territorio no que o 4G tardará bastante en normalizarse).

PUBLICIDADE