Guerra de prezos nos plans de telecomunicacións con fútbol incluÃdo
venres, 19 de setembro do 2025
Nas últimas semanas non paramos de ver ofertas moi agresivas por parte dos operadores de telecomunicacións para captar clientes doutras compañÃas e, paralelamente ás ofertas que reducen o prezo ao máximo para competir con Digi, chegan tamén as ofertas de Movistar e Orange que coinciden nun detalle para moitos esencial: inclúen toda a programación futbolÃstica por un prezo de só 45 euros/mes durante os primeiros 12 meses.
Estas ofertas son intermitentes e non están dispoñibles para todos os usuarios, pois depende incluso da compañÃa coa que te conectas á páxina web dos operadores. No caso de Orange, falamos dunha tarifa de fibra de 1 Gbps con router Wi-Fi 7, fixo con chamadas ilimitadas a fixos (e mil minutos a móbiles), 2 liñas móbiles con chamadas e datos ilimitados, televisión con máis de 90 canles e todo o fútbol, Netflix con anuncios e Amazon Prime por 45 euros/mes durante 12 meses (con permanencia durante 12 meses de querer gozar do beneficio de instalación de balde).
Pola súa banda, Movistar ofrece fibra de 600 Mbps con router Smart Wi-Fi 6, 2 liñas móbiles con chamadas ilimitadas con 60 e 5 GB de datos respectivamente e unha completa oferta audiovisual (máis de 80 canles de televisión, Movistar Plus+, HBO Max, SkyShowtime e Apple TV+) a un prezo de 45 euros/mes durante 12 meses (sen permanencia).
Estamos ante unha guerra de prezos que claramente beneficia aos consumidores, aÃnda que pode resultar moi molesto ter que mudar de operador cada ano de non querer pagar os 126/134 euros que custan estas tarifas fóra de promoción.
