Orange lanzará o seu propio móbil con Android

venres, 9 de abril do 2010 Marcus Fernández

O vindeiro 16 de abril Orange porá á venda un novo terminal co sistema operativo Android que destaca por comercializarse baixo a propia marca. O Orange Boston funciona cun procesador Qualcomm a 600 Mhz, ten pantalla TFT táctil de 3,2 polgadas cunha resolución de 480 x 320 píxeles, cámara de 5 Mpíxeles con flash e enfoque automático, Bluetooth, Wi-Fi, GPS, lector de tarxetas microSD de ata 32 Gb e unha batería que achega unha autonomía de ata 6,5 horas en conversa e 580 horas en espera. Mide 113 x 55 x 13 milímetros e pesa 118 gramos.
Este novo terminal venderase a partires de 0 euros, dependendo da tarifa de voz e datos contratada, coma vén a ser habitual nos móbiles con Android que comercializa a operadora francesa.

PUBLICIDADE