Orange pechará vellas contas de correo electrónico de balde en setembro
luns, 30 de xuño do 2025
Coa explosión de provedores de acceso á Internet en España chegaron unha chea de servizos de correo electrónico tanto de balde como asociados ás contas de cliente e, aÃnda que o público foi migrando a servizos máis avanzados como Gmail, continúa a haber usuarios que manteñen en uso algún deses enderezos de servidores de correo que poderiamos considerar residuais, aÃnda que están destinados a desaparecer definitivamente.
Nos últimos dÃas algúns usuarios apuntaban a que tiñan problemas de acceso a algúns dos enderezos de correo operados actualmente por Orange, e semella que estamos ante o inicio dun proceso de peche de servizos que as propias páxinas web de axuda da compañÃa fixa no 5 de setembro, cando está previsto que deixen de funcionar definitivamente unha chea de dominios para o correo electrónico que, aÃnda que dubidamos que haxa alguén que os empregue como contas principais, si é posible que aÃnda se conserven como enderezo empregado para a alta nalgún outro servizo, polo que a actualización da información de contacto dos mesmos é imprescindible para poder recuperar o acceso ás contas no caso dalgunha incidencia.
Os dominios que pecharán definitivamente son orange.es, amena.com, ctv.es, ya.com, wanadoo.es, jet.es, wanadooadsl.net, mixmail.com, jazzfree.com, autocity.com, eresmas.com, eresmas.net, rincondelvago.com, chueca.com, orangemail.es, orangecorreo.es e telepolis.com, sendo o 4 de setembro o derradeiro dÃa para que os usuarios poidan acceder ás súas contas para poder exportar contidos ou realizar algunha operación para ultimar o abandono destas contas de balde que se verán totalmente eliminadas.
