Orange traerá a conectividade 5G SA a Vigo e A Coruña
martes, 6 de xuño do 2023
En febreiro
Orange puxo en marcha a súa rede de telefonÃa móbil 5G SA (Stand Alone),
o que moitas veces se define como 5G de verdade, pero que o operador
galo promociona como 5G+, e agora fan balance desta despregadura para asegurar
que son a única rede deste tipo que chegará a 30 localidades no primeiro
semestre do ano.
Os servizos desta rede chegan actualmente ás meirandes cidades do Estado, pero
hoxe Orange anuncia que nas
vindeiras semanas ampliarán a súa cobertura a novas cidades entre as que figura
A Coruña e Vigo, asegurando que confÃan en que nesas poboacións poidan
beneficiarse da 5G SA o 80% dos usuarios.
Orange estima que ao remate do presente mes o 30% da poboación española poida
gozar das capacidades avanzadas da 5G SA, o que supón mellor cobertura en
interiores (grazas ao uso de bandas nativas 5G), baixa latencia, maior duración
da baterÃa dos dispositivos conectados, maior número de dispositivos conectados
e maior seguridade.