Organizan un torneo solidario de FIFA 20 para loitar contra a COVID-19

martes, 14 de abril do 2020 Marcus Fernández

A vindeira fin de semana celebrarase un torno do xogo FIFA 20 que congregará aos principais equipos de fútbol galego cunha finalidade benéfica. Este Desafío ABANCA desenvolverase os días 17, 18 e 19 entre 19:30 e 20:30 horas, con encontros de 20 minutos de duración, xogando cada equipo un total de 4 partidos nos que participarán artistas galegos e futbolistas do Celta, do Deportivo e do CD Lugo.
Estes encontros, que poderán seguirse a través da súa páxina web, pola TvG2 e por Facebook Live, estarán narrados por Rocío Candal cos comentarios de Donato, Manel e Manu Rodríguez. Está confirmada a participación de Denis Suárez, Brais Méndez, Fran Cañotas e Duarte Galbán no Celta; Víctor Mollejo, Mujaid Sadick, Marcos Pereiro e Rodrigo Vázquez no Deportivo; e Yanis Rahmani, Jaime Seoane, Víctor Grande e Brais Doval no CD Lugo.
O encontro pretende animar á realización de doazóns a través da conta bancaria ES23 2080 0388 2231 1000 3170, trasladándose as cantidades achegadas ao SERGAS ao finalizar o torneo.

PUBLICIDADE