Os 3 primeiros Uncharted figuran entre os xogos de PS Plus de xaneiro

xoves, 2 de xaneiro do 2020 Marcus Fernández

O vindeiro día 7 renóvanse os xogos dispoñibles para os subscritores de PlayStation Plus, que sorprenden coa incorporación de Uncharted: The Nathan Drake Collection, recompilación cos xogos Uncharted: El tesoro de Drake, Uncharted 2: El reino de los ladrones e Uncharted 3: La traición de Drake de Naughty Dog, que pasaron polas mans de Bluepoint Games para adaptalos á potencial da PlayStation 4 (xa que inicialmente saíran para PS3) facilitando así que os xogadores da PlayStation actual puidesen repasar as aventuras de Nathan Drake de cara ao lanzamento de Uncharted 4.
Pero estes tres xogos en lote non chegarán sós, senón que virán acompañados polo absurdamente divertido Goat Simulator (que permítenos facer o tolo controlando a unha cabra) e Submersed (aventura de terror en alta mar).

PUBLICIDADE