Os 3 primeiros xogos de Phoenix Wright estrean versión HD para iOS
xoves, 30 de maio do 2013
Capcom confirmou hoxe o lanzamento do seu xogo Phoenix
Wright: Ace Attorney Trilogy HD para iPhone, iPad e iPod Touch como descarga de
balde, incluÃndo os 3 primeiros xogos de Phoenix Wright (Ace Attorney, Ace Attorney
Justice for All e Ace Attorney Trials
and Tribulations) como contido descargable mediante pagamento. Estes xogos combinan
a investigación de escenas de crimes con xuÃzos, nos que o avogado Phoenix
Wright terá que resolver numerosos misterios dun xeito bastante peculiar, que
fai que estes xogos se convertesen en auténticos referentes no Xapón, onde
trunfaron en versión para Nintendo DS, e que agora recupéranse con gráficos
actualizados á alta definición.
Para enganchar ao xogador a descarga de balde inclúe os 2 primeiros episodios de
Phoenix Wright: Ace Attorney, tendo
que pagar 5,49 euros se queremos gozar dos 3 episodios restantes da historia. Os
outros 2 xogos da triloxÃa poden mercarse soltos a 5,99 euros, aÃnda que os
interesados en facerse coa triloxÃa completa de vez poden mercala por 14,99
euros, o que supón un pequeno aforro.
Entre as curiosidades destes xogos figura un modo Everyone Object que permite que os xogadores poidan comunicarse cos
seus amigos collendo aos personaxes e frases do xogo para mandalos por e-mail
ou publicalos como unha animación en Twitter. Por desgraza o xogo só está
dispoñible polo momento en inglés (o que resulta un tanto raro, posto que os 3
tÃtulo chegaron a publicarse en español nas súas versións de DS).

- No xogo hai que resolver crimes para exculpar aos nosos defendidos
