Os 6 primeiros xogos de Mega Man volverán á vida no verán

luns, 8 de xuño do 2015 Marcus Fernández

Capcom anunciou hoxe que está a preparar o lanzamento para este verán do recompilatorio Mega Man Legacy Collection, un lote cos seis xogos orixinais de Mega Man que permitirán gozar destes clásicos inicialmente en Xbox One, PS4 e PC, saíndo unha versión para Nintendo 3DS no inverno.
Mega Man Legacy Collection pretende render homenaxe aos xogos de 8 bits do icónico personaxe de Capcom, servindo así para que os nostálxicos poidan recuperar os primeiros títulos e para que os máis novos xogadores poidan descubrir estes xogos que poderán reproducirse coa súa experiencia orixinal (Museum Mode) ou nun novo modo que mestura elementos xogables dos 6 títulos (Challenge Mode).
O Museum Mode incluirá unha colección de ilustracións históricas do xogo en alta resolución, que os seareiros da saga poderían ir descubrindo.
O prezo do xogo en descarga dixital será de 14,99 euros.


Vídeo promocional da Mega Man Legacy Collection</em<

PUBLICIDADE