Os AirPods chegan á súa 3ª xeración acompañados por altofalantes de cores
luns, 18 de outubro do 2021
Na presentación de Apple desta tarde, na que o principal dar
a coñecer os novos ordenadores portátiles da compañÃa de Cupertino,
aproveitouse a cita para amosar novos produtos de electrónica de consumo, como a
nova xeración de AirPods e unha maior oferta de cores nos altofalantes HomePod
mini.
Os AirPods de
terceira xeración chegarán ao mercado o 26 de outubro a un prezo oficial de
199 euros, prometendo unha calidade sonora revolucionaria grazas ao seu chip
H1, destacando a compañÃa que estamos ante auriculars compatibles con Dolby
Atmos en Apple Music, pelÃculas e series, á vez que tamén son resistentes á
auga e á suor (tanto os auriculares coma o seu estoxo de carga). Tamén melloran
a súa autonomÃa, con até 6 horas de reprodución continua até 30 horas de
reprodución se contamos a carga adicional que pode achegar o seu estoxo.
Co seu novo deseño presenta un axuste anatómico, son máis discretos grazas a
ter un eixe máis curto, e incluso integran unha malla acústica para reducir o
son do vento e que asà a voz das persoa se escoite con claridade durante as
chamadas. Fan uso do códec de voz AAC-ELD para ofrecer voz de calidade, o que
notarase especialmente nas chamadas de FaceTime e tamén presumen de audio
computacional, con prestacións como a ecualización adaptativa e o audio espacial
con seguimento dinámico da cabeza.
VÃdeo promocional dos novos AirPods
No ámbito da música tamén temos novos
HomePod mini, que manteñen o seu
prezo de 99 euros, pero agora están dispoñibles, aparte de en cor gris
espacial e branco, en azul, laranxa e amarelo, adaptándose mellor asà á
estética de distintos espazos nos que poidan colocarse. Estes pequenos
altofalantes sen fÃos non só serven para escoitar música, senón que tamén son
un xeito de tirar proveito do asistente de voz Siri e, para casar ambas
funcións tamén presentaron un novo servizo, Apple Music Voice, que é un plan co
que, limitando o uso de Apple Music a ordes de Siri, conseguimos unha tarifa
mensual de 4,99 euros/mes, que ofrece o catálogo musical completo pero prescinde
de audio espacial con Dolby Atmos, de audio sen perda e de descarga para a
reprodución fóra de liña, polo que parece unha tarifa dirixida ao altofalantes
conectados.
Os HomePod mini tamén queren converterse nun sistema de comunicación dentro do
fogar, de xeito que poderá dicÃrselle a Siri que difunda unha mensaxe por toda
a casa a xeito de intercomunicador,
función que tamén é compatible con CarPlay, os AirPods ou o Apple Watch, polo
que as familias que estean moi introducidas no ecosistema de Apple terán unha
interesante ferramenta para comunicarse.