Os Almorzos ABE (Boiro) achegan unha clase maxistral sobre como sacar partido da canle dixital da nosa empresa

luns, 23 de outubro do 2023 S. P.

Este mércores 25 de outubro celebrarase na sede da ABE (Asociación Boirense de Empresarios) un novo almorzo formativo (Almorzos ABE). Virá da man da oficina Acelera PEME da Deputación da Coruña e celebrarase de 9:00 a 10:00 horas da mañá. A través destra sesión as persoas asistentes coñecerás os 10 puntos clave que lles permitirán mellorar as canles dixitais da súa empresa.
Segundo explica a ABE, “a revolución tecnolóxica produciu un conxunto de cambios no mercado que implican a necesidade de coñecemento deste novo medio, o dixital”. Así, empresarios e emprendedores precisan coñecelo e aproveitar todo o seu potencial, xa que esta transformación tecnolóxica é xa “un piar fundamental da sociedade e do tecido económico”, engade a patronal boirense.
O obxectivo deste obradoiro é expoñer ferramentas e modos de actuar que axuden ás empresas, autónomos e persoas emprendedoras a acadar os seus obxectivos de comunicación, mercadotecnia e vendas, comprometéndose a súa vez con iniciativas que teñan externalidades positivas.
Ademais, a finalidade práctica deste espazo divulgativo é que os asistentes poidan situar o punto de partida do seu negocio e ter unha orientación, poñer o foco sobre como actuar nas novas realidades da comunicación empresarial, proporcionándolles unha folla de ruta para planificar unha estratexia e un plan de contidos.
É necesaria a inscrición previa ao obradoiro, a través do correo electrónico da ABE info@abe.gal ademais os asistentes poderán almorzar dende as 8:30 da mañá e teñen posteriormente á charla xunto coa poñente e resto de empresarios.
As Oficinas Acelera PEME da Deputación da Coruña veñen da man de Red.es, entidade pública adscrita ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, que aporta ata o 80% do orzamento subvencionábel e as entidades beneficiarias o resto.
As actuacións están financiadas polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través dos fondos Next Generation EU, no marco da axenda Dixital 2025 e o Plan de Dixitalización de PEMES 2021- 2025, cuxa cuarta medida do eixo de actuación Dixitalización básica para las Pymes, inclúe a creación dunha rede de Oficinas Acelera PEME.