Os Angry Birds viaxan ao espazo

xoves, 22 de marzo do 2012 Marcus Fernández

O xogo máis famoso de todos os tempos para teléfonos móbiles, o Angry Birds, leva agora as súas aventuras ao espazo con Angry Birds Space, xogo que estreouse hoxe en múltiples plataformas, ofrecendo inicialmente 60 niveis que destacan por ofrecer unha experiencia en gravidade cero, de xeito que a súa mecánica de xogo vese renovada. Os paxaros anoxados de Rovio terán que percorrer nesta ocasión unha estraña galaxia onde enfrontarse a porcos espaciais nunha aventura na que buscarán recuperar os seus ovos como é habitual nesta saga.
Angry Birds Space estrea novos tipos de paxaro, novos superpoderes, tiros con efecto aproveitando a gravidade do planeta, niveis ocultos adicionais e actualizacións futuras de balde. O xogo pode xa adquirirse por 0,79 euros na súa versión para iPhone, a 2,39 euros na versión HD para iPad, a 3,99 euros para Mac OS X, a 5,95 euros para Windows e de balde (con publicidade) para dispositivos Android.


Vídeo coa historia de Angry Birds Space

O xogo contará cunha nova mecánica na que haberá que ter en conta a gravidade dos planetas para calcular a traxectoria dos paxaros anoxados