Os Chromecast de segunda xeración deixan de funcionar temporalmente
luns, 10 de marzo do 2025
Durante a fin de semana propietarios de dispositivos Chromecast de segunda xeración e Chromecast Audio están a alertar de que os seus trebellos para a reprodución de contidos en liña están a deixar de funcionar, amosando unha mensaxe que baixo o tÃtulo de Untrusted device indica que o dispositivo non puido verificarse, probablemente por ter unha versión do seu firmware desactualizada.
Os dispositivos seguen a funcionar (amosan a hora, o tempo e as fotografÃas da nosa galerÃa que tivésemos indicado) pero a súa función principal, a de reproducir contidos en streaming, non está operativa, afectando este problema unicamente aos dispositivos de tal xeración (lanzada en 2015), facendo temer aos usuarios que Google estaba a deixalos sen soporte.
Por fortuna, non parece que sexa asÃ, e dende Google recoñecen ser conscientes da incidencia e recomendan aos usuarios non reiniciar de fábrica os seus dispositivos, para que estean preparados para recibir unha actualización automática que solvente a situación.
ACTUALIZACIÓN (13-03-2025): Nos foros de soporte comentan que xa atoparon solución ao fallos dos Chromecast, e están a distribuÃr a actualización que corrixe a situación, polo que os usuarios que a padezan deberÃan manter o seu dispositivo conectado para poder recibir nos vindeiros dÃas o parche.