Os Copilot+ PC poderán probar Recordar a partir de outubro
venres, 23 de agosto do 2024
A que prometÃa ser unha das funcións estrela dos equipos Copilot+ PC, Recordar, que mediante IA recompila de xeito local a nosa actividade no ordenador para poder lembrarnos no futuro detalles sobre o que consultamos no pasado, rematou converténdose nun pesadelo a nivel de seguridade, levando a que Microsoft anunciase en xuño o seu adiamento.
Agora retoman o tema, e aseguran que a versión preliminar de Recordar (Recall) estará dispoñible para os usuarios do programa Windows Insiders a partir do mes de outubro, asegurando que a prioridade para o lanzamento desta funcionalidade será a seguridade.