Os Favoritos de Twitter transfórmanse en Gústames

martes, 3 de novembro do 2015 Marcus Fernández

Unha das cousas que caracterizou a evolución de Twitter ao longo do tempo é a súa adaptación aos usos dos seus usuarios, de xeito que as súas prácticas como os rechouchíos ou as citas foron converténdose en funcionalidades nativas, e en vista de que unha das súas funcionalidades principais, marcar un chío como favorito, estaba a verse deturpada, decidiron finalmente cambiala, tanto en Twitter coma en Vine, para responder do mesmo xeito que outras plataformas sociais, pasando a chamarse Gústame.
Dado que nos últimos anos a xente xa non empregaba a icona coa estrela de Favorito para destacar unha publicación para a súa recompilación e lectura posterior senón para amosar interese, cortesía ou, simplemente, a xeito de acuse de recibo para unha mención, o seu nome deixaba de ter sentido, cansando confusión entre os novos usuarios, de aí que decidisen transformar a estrela nun corazón, de xeito que adóptase unha simboloxía máis intuitiva e universal, que iría tamén na liña doutra das ferramentas de Twitter, Periscope, que tamén emprega os corazóns como icona para representar o interese dos usuarios.
Esta novidade comeza a aplicarse hoxe mesmo en Twitter para iOS, Android, Windows 10 e a web, en TweetDeck e Vine para Android, chegando a Vine para iOS e OS X en breve.

PUBLICIDADE