Os Galaxy S10 reciben as prestacións de software dos Note10

venres, 27 de setembro do 2019 Marcus Fernández

A principal diferenza entre os Galaxy Note10 e Note10+ é o S Pen, pero estes smartphones tamén incorporaban novidades de software que agora deixan de ser exclusivas, e que reciben tamén os Samsung Galaxy S10e, S10, S10+ e S10 5G a través da súa última actualización de software, que nas últimas horas iniciou a súa distribución en España.
Os móbiles da familia S10 reciben grandes novidades na aplicación de cámara, que agora permiten usar o modo noite tamén coa cámara frontal, mellor a estabilización de vídeo, permite gozar da función Dibujos AR (que incorpora debuxos divertidos e mensaxes en realidade aumentada) e incluso engade o modo de vídeo dinámico (ou sexa, que pode desenfocar o fondo de gravacións de vídeo).
Tamén estrean un novo editor de vídeo, accesible a través da Galería, e que permite cortar vídeos, unilos, axustar a súa velocidade, e incluso engadirlles subtítulos e música.
Pero a que posiblemente é a novidade máis importante é a posibilidade de gozar do novo modo de Samsung DeX, prestación que permitía utilizar o teléfono a xeito de ordenador persoal conectándoo por HDMI a unha pantalla externa, e que agora é máis versátil, xa que a través dunha aplicación para Windows 10 ou macOS permite empregar o teléfono dende o ordenador como se fose un equipo de escritorio. Amais tamén pode aproveitarse a funcionalidade para intercambiar ficheiros co ordenador, ou poder enviar e recibir mensaxes a través do móbil dende o escritorio informático.

PUBLICIDADE