Os HP xw9400 estrean os procesadores AMD Shanghai
luns, 24 de novembro do 2008Os novos procesadores de 4
núcleos de AMD están de estrea grazas a HP, que nas súas estacións
de traballo xw9400 incorpora procesadores AMD Opteron de 2 ou 4 núcleos
(segundo configuración) polo que serÃan os primeiros equipos completos
deseñados para tirar proveito da tecnoloxÃa de 4 núcleos de AMD coñecida polo
nome chave de Shanghai.
Estes equipos se poden configurar con ata 32 Gb de RAM, disco duro de 250 ou
500 Gb (contando cun total de 5 espazos internos para dispositivos de 3,5
polgadas, 2 con acceso exterior), gravadora de DVD, tarxetas gráficas nVIDIA
Quatro con ata 1 Gb de memoria e fonte de alimentación de 800 ou 1.050 vatios
(cumprindo tamén coa norma ENERGY STAR de eficiencia enerxética).
AÃnda que os HP xw9400 se vende por prezos que parten
dos 2.399 dólares, é preciso gastar a partir de 4.699 dólares para gozar da
tecnoloxÃa de 4 núcleos de AMD no seu interior, polo que queda clara a
orientación profesional deste tipo de equipos, de xeito que deberemos agardar a
2009 para ver a versión de consumo
desta tecnoloxÃa.