Os Huawei P10 e P10 Plus reforzan a aposta polos obxectivos Leica
luns, 27 de febreiro do 2017
Tras a boa recepción do mercado ante os smartphones da marca
Huawei con obxectivos fotográficos certificados por Leica era evidente a
presentación dos novos Huawei P10
e Huawei
P10 Plus durante o MobÃle World Congress, teléfonos que agora apostan por
unha nova xeración das cámaras duais de Leica, que combinan un sensor monocromo
de 20 MpÃxeles cun sensor de cor de 12 MpÃxeles e unha cámara frontal de 8
MpÃxeles, e que agora presume de tecnoloxÃa de detección facial 3D, iluminación
dinámica e melloras de retrato natural coa cámara traseira, mentres que a
cámara frontal asegura recibir o dobre de luz, ofrecendo mellores selfies (e tamén activa o seu grande
angular cando detecta fotografÃas de grupo).
Cómpre detallar que o Huawei P10 Plus incorpora o novo obxectivo SUMMILUX-H
cunha apertura F/1.8, en contraste co obxectivo SUMMARIT-H con apertura f/2.2 do
P10, o que supón un salto de calidade importante, que vai moito máis aló da
diferencia dos tamaños de pantalla dos terminais.
O Huawei P10 ten unha pantalla Full HD de 5,1 polgadas, procesador Kirin 960, 4
GB de RAM, 64/128 Gb de almacenamento e baterÃa de 3.200 mAh, mentres que o
Huawei P10 Plus opta por unha pantalla 2K de 5,5 polgadas, 4/6 GB de RAM,
64/128/256 GB de almacenamento e baterÃa de 3.750 mAh.
Chegarán
ao mercado español en marzo, cun prezo de 649 euros para o Huawei P10 con 4
GB de RAM e 64 GB de almacenamento, 699 euros para o P10 Plus con 4 GB de RAM e
64 GB de almacenamento e 799 euros para o modelo con 6 GB de RAM e 128 GB de
almacenamento.