Os Invizimals teñen un novo xogo para móbiles
xoves, 21 de xaneiro do 2016
A franquÃa de xogos de realidade aumentada creada pola
española Novarama está a medrar máis aló das consolas de Sony, e asà temos como
o xogo Invizimals:
Batalla de Cazadores estrea versión
para iOS e para
Android, podendo descargarse de balde e desbloquear unha expansión para
gozar de máis contidos por só 2,99 euros (que aÃnda que este non será o único
xeito de poder gozar dos máis de 170 Invizimals que inclúe o xogo.
Este titulo tamén permite que os usuarios creen un mazo virtual incorporando as
cartas fÃsicas da nova colección de Panini que leva o mesmo nome que o
videoxogo, e na que os naipes inclúen un código que pode escanearse para usar os
seus Invizimals no smartphone ou tableta.
A colección conta con máis de 300
cartas, entre has que hai novas criaturas, novos ataques, vectores moi valiosos
e 20 Xtractors inéditos, asà como un novo tipo de carta chamado Enclaves, que son lugares aos que acudir
para atopar sementes coas que mellorar os Invizimals e tamén combos que
permitirán combinar ataques entre diferentes tipos de Invizimals.
Temos asà como a franquÃa de Invizimals busca aproveitar a fórmula de éxito que
están a seguir bastantes videoxogos ultimamente, na que se mestura a colección
de obxectos fÃsicos con accións dentro do xogo.
Tráiler do novo Invizimals para dispositivos móbiles
