Os Mac Studio estrean modelos con procesador M4 Max e M3 Ultra
mércores, 5 de marzo do 2025
En 2022 Apple sorprendeu presentando a arquitectura de empaquetado UltraFusion que facÃa posible os procesadores M1 Max e M1 Ultra, que foron os alicerces sobre os que se sustentou o novo ordenador Mac Studio, que cun formato semellante ao do Mac mini, achega unhas prestacións moi elevadas, pensando en profesionais de vÃdeo ou de deseño 3D.
Xa en 2023 actualizaron estes equipos incorporándolles procesadores M2 Max e M2 Ultra, pero durante 2024 non houbo renovación destes ordenadores orientados a profesionais, resultando unha incógnita cal serÃa o calendario de renovacións deste tipo de equipos a longo prazo, pois parecÃa evidente que ao non estarmos ante equipos de consumo non eran tan necesarias as renovacións anuais.
Hoxe saÃmos de dúbidas, xa que Apple presentou o novo Mac Studio, cunha sorpresa a nivel de procesador, pois as opcións dispoñibles son as de M4 Max e M3 Ultra, dando a entender que a gama Ultra dos procesadores Apple Silicon non estará dispoñible en todas as xeracións.
Os novos Mac Studio manteñen o mesmo formato, pero internamente inclúen cambios que van máis aló de contar cun procesador renovado, xa que a actualización vai acompañada de configuracións máis ambiciosas, soportando até 512 GB de memoria unificada, até 16 TB de almacenamento e contando tamén con portos Thunderbolt 5, de xeito que o Mac Studio convértese no Mac máis potente até hoxe.
Os Mac Studio con procesador M4 Max son equipos ideais para editores de vÃdeo, fotógrafos, enxeñeiros e outros profesionais creativos, grazas ao seu grande rendemento e o seu bo desempeño gráfico, chegando a ser até 3,5 veces máis rápido que o modelo con M1 Max. Estes equipos parte de 36 GB de memoria unificada e pode chegar até os 128 GB.
Para profesionais máis esixentes estarÃa o Mac Studio con M3 Ultra, que chega con dende 96 GB de memoria unificada e poderÃa equiparse con até 512 GB de memoria, o que permitirÃa executar grandes modelos, poder traballar con escenarios tridimensionais complexos, procesador vÃdeo en 8K ou secuenciar ADN, ou sexa, traballos que quedan moi lonxe da meirande parte de profesionais, que poden conformarse con equipos moito menos capaces.
O Mac Studio con M4 Max ten un prezo de saÃda de 2.529 euros (7.404 euros na configuración máis completa), mentres que o modelo con M3 Ultra parte dos 5.049 euros, podendo chegar aos 17.674 euros na súa configuración máis completa.