Os MacBook Air con M4 chegarán ao mercado en marzo
luns, 24 de febreiro do 2025
Mark Gurman a través de Bloomberg deu conta a pasada fin de semana de varias novidades sobre Apple, destacando o feito de que a compañÃa de Cupertino está a prepararse para recibir unha nova liña de portátiles MacBook Air, de aà que nas tendas se estea a ver como baixan as existencias dos modelos actuais.
O novo MacBook Air chegará con procesador M4, pantalla en tamaños de 13 e 15 polgadas, e moitas das novidades que xa foron recibindo o resto de portátiles de Apple, como Thunderbolt 4 e cámara Center Stage e opción de pantalla nanotexturizada.
A renovación dos MacBook Air con M4 está prevista para o mes de marzo, sendo unha das actualizacións máis agardadas, pois os últimos procesadores de Apple están dispoñibles en toda a liña de MacBook Pro dende o pasado mes de outubro.