Os MacBook Pro actualÃzanse cos novos M3
martes, 31 de outubro do 2023
A amplitude
da familia de novos
procesador M3 parece corresponder á intención de Apple de estirar a familia
de equipos portátiles MacBook
Pro para atender a un amplo abano de público, e asà temos que os novos
MacBook Pro parten de modestos procesador M3 para as súas versións con pantalla
de 14 polgadas, que cun prezo de 2.029 euros busca ser o equipo de entrada
desta familia de portátiles.
Os MacBook Pro con procesador M3 son equipos relativamente básicos, xa que o
procesador só permite equipalos con entre 8 e 24 GB de memoria unificada e un
único monitor externo, polo serven para a meirande parte dos traballos do dÃa a
dÃa, ofrecendo unha grandes construción e autonomÃa, asà como unha pantalla Liquid
Retina XDR de 14 polgadas que teñen pouco ao que comprarse no mercado pola súa
excelente calidade. Estes equipos sairán á venda o dÃa 7 e poderán adquirirse
en cor prata ou gris espacial, mentres os modelos con M3 Pro e M3 Max
venderanse en cor prata e negro espacial, de xeito que unha vez máis Apple
busca que sexa visible cando esteamos ante un dos seus equipos máis caros.
Cando entramos na familia de MacBook Pro con procesador M3 Pro o prezo de
entrada xa sube até os 2.549 euros con pantalla de 14 polgadas e os 3.049 euros
con pantalla de 16 polgadas, aÃnda que o salto en prezo e prestacións está
claramente cos procesadores M3 Max, en equipos que parten dos 4.049 euros con
pantalla de 14 polgadas e dos 4.299 euros con pantalla de 16 polgadas. A
configuración máis completa dun MacBook Pro terÃa procesador M3 Max, 128 GB de
memoria unificada, 8 TB de almacenamento interno, pantalla de 16 polgadas e un
prezo de 8.579 euros. Aparte da súa potencia e calidade, estes equipos teñen entre
os seus reclamos a súa eficiencia enerxética, sendo capaces de ofrecer até 22
horas de autonomÃa reproducindo vÃdeo (até 15 horas navegando pola web mediante
unha conexión Wi-Fi).
A presentación dos novos MacBook Pro deixan nunha situación feble aos actuais
MacBook Air de 13 e 15 polgadas, que aÃnda están equipados con procesadores M2,
polo que moitos consumidores poderÃan retraerse de mercalos á espera da súa
actualización (o que poderÃa prexudicar as vendas de cara á compaña de Nadal).
VÃdeo promocional dos novos MacBook Pro