Os Oppo Find X9 e Find X9 Pro presentaranse en Barcelona
xoves, 16 de outubro do 2025
Oppo presentará o 28 de outubro en Barcelona a súa nova serie de smartphones de gama alta, Find X9, que chega ao mercado global tras o seu lanzamento en China. A familia está formada polos modelos Find X9 e Find X9 Pro, e mantén a colaboración coa firma fotográfica Hasselblad, centrada en mellorar a calidade das imaxes e ampliar as posibilidades creativas na fotografÃa móbil.
O Find X9 estará dispoñible en tres cores (Titanium Grey, Space Black e Velvet Red) e o modelo Pro en dúas opcións de acabado (Silk White e Titanium Charcoal). Ambos presentan un deseño de aluminio mate e vidro esmerilado, con pantallas planas e biseles ultradelgados. O Find X9 incorpora un panel de 6,59 polgadas, mentres que o Pro chega ás 6,78 polgadas.
O apartado fotográfico é un dos principais argumentos da serie. O Find X9 Pro integra un teleobxectivo Hasselblad de 200 megapÃxeles, desenvolvido conxuntamente por ambas as compañÃas e dotado de calibración e deseño óptico especÃficos. Segundo Oppo, cumpre cos estándares da marca sueca e ofrece un nivel de detalle e claridade sen precedentes nas imaxes con zoom.
No eido do vÃdeo, ambos os modelos permiten gravar en resolución 4K a 120 fotogramas por segundo con soporte para Dolby Vision. Para un uso máis profesional, incorporan gravación Log e compatibilidade co estándar ACES, o que facilita a integración en contornas de produción audiovisual.
A potencia corre a cargo do novo chip MediaTek Dimensity 9500, fabricado con tecnoloxÃa de 3 nanómetros, mentres que a baterÃa de silicio-carbono de terceira xeración (capaz de acumular 7.500 mAh) promete unha autonomÃa de ata dous dÃas. O sistema operativo ColorOS 16 aposta pola fluidez e a integración coa intelixencia artificial, con funcións como AI Portrait Glow e conectividade ampliada con PC e Mac.
O evento de presentación poderase seguir a través de YouTube
