Os Premios Fouciño animan á microcreación audiovisual en galego

luns, 19 de xuño do 2017 Marcus Fernández

Para premiar os dotes técnicos, artísticos e creativos dos estudantes da Costa da Morte, así como de calquera outra persoa interesada na creación audiovisual, a Asociación Cultural Adro de Baio convoca os II Premios Fouciño de pezas audiovisuais curtas, que celebrarase o 8 de xullo en Baio e está aberto á presentación de pezas dunha duración máxima de 5 minutos até o vindeiro día 30.
Os II Premios Fouciño repártense en dúas categorías: alumnos de institutos (con consentimento paterno) e categoría aberta (para maiores e 18 anos). As pezas serán de temática libre en galego (ou con subtítulos en galego) e susceptibles de publicarse baixo licenza Creative Commons.
A mellor peza na categoría de institutos recibirá un trofeo e 300 euros en bonos a trocar nos comercios de Baio, a mellor peza na categoría aberta recibirá un trofeo e 500 euros en metálico e tamén farase entrega dun trofeo para recoñecer o premio do público deste orixinal proxecto cultural.
Para máis información sobre o certame podemos recorrer á súa páxina de Facebook, á súa conta oficial en Twitter e ás bases do concurso publicadas en liña.

Jorge Coira e Antonio Duran Morris amosando o seu apoio aos Premios Fouciño

Vídeo promocional dos II Premios Fouciño

PUBLICIDADE