Os Premios Gallegos del Año 2025 recoñecen a figura do presidente de Altia
xoves, 27 de novembro do 2025
O Edificio Fontán da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, foi escenario este xoves da entrega dos Premios Gallegos del Año 2025, que celebran a súa 33ª edición. A cita reuniu a unha ampla representación da sociedade civil galega e distinguiu a cinco personalidades que, desde ámbitos diversos, proxectan a imaxe de Galicia máis alá das súas fronteiras.
Os galardoados foron Constantino Fernández, presidente de Altia, recoñecido en EconomÃa e Emprendemento; a atleta Ana Peleteiro, premiada en Cultura e Deportes; a catedrática de FarmacoloxÃa da USC Mabel Loza, distinguida en Ciencia e Investigación; o escritor e xornalista Manuel Rivas, recoñecido en Artes e Comunicación; e Emilio Pérez Nieto, presidente honorÃfico do Grupo Pérez Rumbao, galardoado en PolÃtica e Sociedade.
O último en subir ao escenario foi Constantino Fernández, quen recibiu o premio de mans do presidente da Xunta, Alfonso Rueda. O empresario coruñés, á fronte de Altia, compañÃa tecnolóxica de referencia, expresou a súa emoción por volver a Santiago para recoller un galardón que, segundo afirmou, «forma parte da miña vida e do meu carácter». Fernández subliñou que este recoñecemento é tamén dos clientes da empresa: «Sen a súa confianza nada do que facemos terÃa sentido».
A súa intervención tamén tivo palabras de agradecemento ao seu equipo «que demostra cada dÃa que o talento galego pode competir cos mellores» engadindo «unha mención positiva ao sector TIC de Galicia, que vive un gran momento. As nosas empresas medran, internacionalÃzanse e compiten en mercados onde ninguén regala nada. O esforzo conxunto do tecido empresarial e do Clúster TIC e está a facer medrar compañÃas sólidas, innovadoras e con ambición».
O presidente da Xunta, ao entregarlle o galardón, salientou que os premiados representan «a Galicia ambiciosa, innovadora e orgullosa da súa identidade» e detallou, no caso de Constantino Fernández, os comezos de Altia traballando para a Xunta de Galicia, cun bo facer que desembocou en numerosos éxitos, polo que apuntou que o seu galardón foi un «premio moi merecido».

- O presidente da Xunta salientou o traballo de Altia como referente
A gala de entrega dos premios Gallegos del Año 2025
